O PEPIÑO CASA DE XANTAR

O Pepiño de Allariz é unha casa galega de xantar tradicional, a medio camiño entre a taparía e o restaurante.

Nun ambiente inspirado nas antigas tendas-bar do rural ourensán dos anos 50, ofrecemos unha cociña sinxela e de tempada, na que o produto local e de calidade é sempre o protagonista.

Na nosa carta recuperamos antigas receitas populares da man da nosa cociñeira, poñendo en valor os mellores produtos de Galicia. Carnes de boi e vaca madura, Xabaril dos nosos montes guisado, Luras estilo bar Deportivo, Callos estilo bar Lapadas, empanadas tradicionais, embutidos, queixos e sobremesas caseiras son algunhas das nosas propostas que intentan sempre reunir o mellor da gastronomía de Allariz e de Ourense.

no comedor

No noso comedor poderás degustar comidas e ceas de estilo caseiro. Temos unha variada carta que mantemos á túa disposición durante todo o ano e a ela sumamos cada fin de semana pratos de tempada.

de tapas e viños

A esencia de ir de viños á galega. Unha selección de viños galegos, cervexa artesanal e tapas. E, como manda a tradición, cada consumición vai acompañada dun pequeno pincho da casa.

na terraza

Nos meses de verán, levamos a nosa proposta ao exterior. Un espazo para gozar da nosa cociña e dos nosos viños ao aire libre, no corazón do casco histórico de Allariz.

UNHA HISTORIA

DE PELÍCULA...

Así naceu O Pepiño de Allariz.

No verán de 1998, José Luis Cuerda chegou a Allariz para rodar A lingua das bolboretas. Entre os escenarios estaba a antiga tenda do Pepiño, unha desas tendas-bar do rural ourensán dos anos 50 que levaba xa 30 anos pechada.

O seu dono, D. José Fernández, “O Pepiño”, mantíñaa practicamente como o primeiro día. E foi precisamente aquela historia a que nos inspirou para recuperar a esencia da tenda, do bar e do restaurante, xunto coa gastronomía da Galicia rural.

RESERVAS
E CONTACTO

Rúa da Cruz – Praza Maior
32660 ALLARIZ

Fijo 988 442 530
Tel. 621 290 594

tabernadopepinho@gmail.com

RESERVAS
E CONTACTO

Rúa da Cruz – Praza Maior
32660 ALLARIZ

Fijo 988 442 530
Tel. 621 290 594

tabernadopepinho@gmail.com