SABOR, TRADICIÓN E ESENCIA GALEGA

Reunimos nun mesmo proxecto a nosa paixón pola gastronomía galega: dous restaurantes e unha tenda onde descubrir e gozar dos sabores de Galicia.

Traballamos con produtos galegos de calidade e cunha cociña inspirada na tradición rural, poñendo en valor especialmente os produtos e receitas da comarca de Allariz.

NA NOSA TENDA

O Pepiño de Allariz apostamos polo produto artesán e de proximidade. Traballamos cunha coidada rede de produtores locais que elaboran con esmero, seguindo a tradición artesanal, os produtos da nosa marca PEPIÑO, mantendo viva a esencia dos sabores de sempre.

Contamos cun acolledor espazo de degustación, onde podes gozar dunha selección de embutidos tradicionais, queixos do país e empanada do día. E, por suposto, non pode faltar o noso produto estrela: xamón, enchido e paté de Boi.

Unha casa de xantar onde a tradición galega se serve para compartir.En O Pepiño apostamos polos produtos de calidade, os sabores de sempre e a cociña tradicional de Galicia, con especial atención á comarca de Allariz.

Un espazo inspirado nas antigas tendas-bar do rural ourensán, pensado para comer, compartir e gozar da nosa gastronomía nun ambiente próximo e acolledor

TRES ESPAZOS,

UNHA ESENCIA

Cestas de Nadal

Cubre o formulario e poñerémonos en contacto contigo:

  • Cestas á medida, adaptadas ás túas preferencias e orzamento.
  • Asesoramento personalizado para crear a combinación perfecta.
  • Envío á oficina ou directamente aos destinatarios.
  • Caixa regalo e tarxeta personalizada opcional.
  • Produtos loncheados e envasados ao baleiro no momento do envío.