Xamón de Boi. Sobre loncheado 100 gr aprox.

9,90 €

100 g de xamón de boi en lonchas, envasado ao baleiro.

O Xamón de Boi de O Pepiño de Allariz é un novo produto gourmet galego de alta calidade obtido mediante o curado de determinadas partes dos cuartos traseiros de bovinos machos (bois castrados) especialmente seleccionados para O Pepiño de Allariz .O gando seleccionado para este xamón de boi esta formado por animais machos de máis de 6 anos de idade e cun peso aproximado de 600 kg (peso do canal) para intentar garantir unha boa veta de graxa nos cortes seleccionados.

O proceso de curación segue a tradición galega máis antiga. Realizámolo nas terras altas da serra do Larouco en Ourense, seguindo unha secuencia de salgado, repouso e afumado que dura entre 10 e 18 meses, segundo o peso de cada corte. O proceso de afumado, que lle confire ao noso Xamón de Boi a súa textura e sabor distintivos, realízase con leña de carballo galego.

Suxestión de servizo: Abrir o paquete aproximadamente 30 minutos antes de comer.

50 disponibles

Categoría:

Descripción

Ingredientes:
100 g de xamón de boi en lonchas, envasado ao baleiro.

Valor nutricional:
Valor enerxético: 175kcal / Graxas totais; 5,4gr / Graxas saturadas: 2,49gr / Monoinsaturadas: 2,63gr / Poliinsaturadas. 0,28gr / Proteínas; 31,5gr / Hidratos de Carbono: <1,0g / Sal: 5,65gr / Azucres <0,5gr / sodio: 2,259

Alérgenos:

Información adicional

Peso 0,195 kg

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Xamón de Boi. Sobre loncheado 100 gr aprox.”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *